Ir o contido principal

Presentación da convocatoria da primeira edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán

A Universidade de Santiago e a Real Sociedad Económica de Amigos del País (RSEAP) convocan a primeira edición do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán.
As principais características desta convocatoria presentaranas en rolda de prensa, este mércores 24, o vicerreitor de Políticas Internacional, Agustín Merino; o presidente e o secretario da RSEAP, Juan de la Salle Barreiro e Fernando Barros; e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso. A presentación celebrarase a partir das 11:30 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia.
A este premio poderán concorrer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro de investigación de carácter histórico fundamentado no patrimonio e documentación da RSEAPS ou no período e motivo da creación desta sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2009.