Presentación das convocatorias actualmente abertas do Programa de Mobilidade Xan de Forcados
O vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández Prieto, presentará este martes 23 as distintas convocatorias que actualmente a institución docente Compostela mantén abertas dentro do Programa Xeral de Mobilidade cara fóra do Espazo Europeo de Educación Superior ‘Xan de Forcados’.
A presentación, na que tamén estarán participarán o director da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso, e o coordinador de Relacións Exteriores da USC, Francisco J. Sanjiao, celebrarase a partir das 12:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Ás convocatorias ás que se fará mención son as orientadas a docentes e estudantes para o desenvolvemento de estadías en institucións de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior.
O Programa Xeral de Mobilidade ‘Xan de Forcados’ aglutina os convenios bilaterais e acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades. Neste senso, o programa vén complementar o Programa de Aprendizaxe Permanente SOCRATES / ERASMUS desenvolvido pola Unión Europea para fomentar a mobilidade no espazo europeo e nos territorios limítrofes.