Ir o contido principal

Presentación do Dicionario Galego de Pedagoxía

Celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación o vindeiro luns 15 a partir das 19:30 horas

O reitor Juan Casares presidirá o vindeiro luns 15 a presentación do Dicionario Galego de Pedagoxía no que, baixo a dirección dos profesores da USC José Antonio Caride Gómez e Felipe Trillo, participaron 176 especialistas en Ciencias da Educación.

A presentación celebrarase a partir das 19:30 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) coa presenza ademais do reitor, do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lourenzo; do decano da Facultade Ciencias da Educación, Lois Ferradas, e de Victor Freixanes, en representación da dirección da editorial Galaxia e do equipo coordinador da obra. Este novo dicionario contén 546 termos, enciclopédicos e conceptuais, articulados en seis grandes áreas nas que se atende a planificación e administración educativa; didáctica e organización escolar, teoría da educación e pedagoxía social; orientación e diagnóstico en educación; métodos de investigación en educación; e documentación e información educativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2010.