Ir o contido principal

Presentación da edición 2016 de Verán CampUSC, programa de actividades estivais para rapaces de 3 a 13 anos

Verán CampUSC é un programa de actividades estivais dirixido especificamente a rapaces e rapazas de 3 a 13 anos que organiza a Fundación USC Deportiva dirixida inicialmente á comunidade universitaria pero tamén para o público xeral.

A convocatoria correspondente a 2016 presentarana este luns 25 en rolda de prensa a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois González; e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida. A presentación aos medios de comunicación celebrarase a partir das 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Este é un programa que mestura actividade deportiva, cultural, socioeducativa e de lecer que procura axudar ao proceso de conciliación laboral de familias. En Verán CampUSC amosaranse aos participantes as bases dunha importante cantidade de xogos e deportes atendendo as súas idades e desenvolvemento psíquico-físico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2016.