Presentación da nova edición do Campus de Verán Xuvenciencia de Lugo
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, presentará este xoves 23 de abril, ás 13.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a terceira edición do Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo, un programa promovido polo Grupo de Innovación Docente DivULGO da USC e a través do que se pretende poñer ao alumnado de ensinanzas medias en contacto directo coas diversas ramas científicas, tecnolóxicas, socias humanísticas e coa contorna universitaria do campus lugués.
A profesora da USC e coordinadora deste campus de verán da USC, Mercedes Novo, e o deputado provincial Álvaro Santos Ramos, tamén participarán na presentación da terceira edición do Campus de Verán XuvenCiencia Lugo, que se desenvolverá do 22 ao 26 de xuño.