Ir o contido principal

Presentación dunha nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario

O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, presidirá este martes 25, ás 11:30 horas, a presentación da edición número catorce do Festival Internacional de Teatro Universitario de Lugo, que se celebrará na cidade a partir do 30 de marzo.
Nesta presentación, que se celebrará na Sala de Prensa da Vicerreitoría, Elías Torres estará acompañado por representantes das outras entidades que conforman o Convenio Lugo Cultural, organizador do evento. Estarán por tanto, o voceiro do Concello de Lugo, José Rábade; o delegado provincial da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, ademais dun representante da Deputación Provincial.
Os presentes tamén avanzarán a programación que se desenvolverá durante o mes de abril ao amparo de Lugo Cultural e que comprende actuacións musicais, o Encontro Universitario de Danza Contemporánea e actividades complementarias da exposición de Amnistía Internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.03.2008.