Presentación na Escola Politécnica Superior do curso de verán ‘Innovación tecnolóxica nas explotacións gandeiras’
O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema, presentará este mércores, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas do devandito centro universitario lugués, o curso de verán ‘ Innovación tecnolóxica nas explotacións gandeiras’, un programa formativo dirixido polo propio Bueno Lema e incluído na Universidade de Verán 2014 que se desenvolverá no Casa da Cultura do Concello da Pastoriza do 14 ao 19 de xullo.
A tenente de alcalde do Concello de A Pastoriza, Elba Carreira, tamén participará na presentación deste curso verán no transcurso dun acto no que tamén intervirán, ademais do director do seminario, o concelleiro pastoricense Eloi Villada e o presidente de Agamac e secretario do curso, Marcos Vázquez Marey.