Ir o contido principal

Presentación do III Curso de especialización en vacinas

Na presentación abordarase tamén a importancia da vacinación ou a aposta pola prevención da administración sanitaria galega

A Universidade de Santiago, en colaboración con Sanofi Pasteur MSD, imparte en 2013-2014 o III Curso de especialización en vacinas, unha iniciativa que ofrecerá formación específica neste eido a profesionais da saúde tendo en conta os beneficios que reportan en materia de saúde pública. Con motivo de profundar neste programa docente e na importancia das vacinas, así como de analizar a aposta pola prevención da administración sanitaria galega, o curso presentarase en rolda de prensa este mércores 18 ás 11.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Medicina da USC. Intervirán o decano da Facultade, Juan Gestal; a directora xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, Sonia Martínez Arca; e o director de Relacións Institucionais de Sanofi Pasteur, Pedro Alsina. Ademais das particularidades e novidades deste curso de especialización, na rolda de prensa prestarase atención á importancia e beneficios da vacinación, ás principais campañas de prevención impulsadas en Galicia, cuotas de vacinación alcanzadas en Galicia ou á colaboración entre Universidade e empresa na formación dos profesionais, entre outros temas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2013.