Ir o contido principal

Presentación do libro Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón del Valle-Inclán

O 27 de abril de 1916, en plena Guerra Mundial, Valle-Inclán viaxou a Francia, onde permaneceu dous meses durante os cales realizou varias visitas á fronte de guerra. Desa intensa experiencia deixou constancia escrita nun pequeno caderno de notas de carácter estritamente privado que dá conta das observacións e impresións do escritor sobre os efectos da guerra na vangarda e a retagarda francesas que coñeceu.

Ese caderno, un manuscrito rigorosamente inédito, publícao agora a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da USC en Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón del Valle-Inclán, facsímile, estudo e edición a cargo da profesora Margarita Santos Zas, directora da colección.

O volume preséntase este martes 21 ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome nun acto que preside o reitor Juan Viaño e no que ademais da profesora Santos intervirán o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, e o neto de Valle-Inclán, Javier del Valle-Inclán Alsina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2016.