Presentación do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media
O catedrático de Historia Medieval da USC Fernando López Alsina é o autor do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media cuxa segunda edición corrixida se presentará publicamente o martes 28 ás 19.00 horas no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Prazas das Praterías). Este volume está co editado pola USC e o Consorcio de Santiago. Na presentación intervirán ademais do reitor Juan Casares e do presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, o propio autor do volume, aos que acompañarán a xerenta do Consorcio, María Antón Vilasánchez; o director do Servizo de Publicación universitario, Juan Blanco; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa.