Presentación do libro 'Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900'
O profesor de Historia Moderna, Isidro Dubert, presentará este xoves, día 12, en Santiago o libro Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900 do que é autor.
Á presentación, que se desenvolverá a partir das 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, asistirán ademais o vicerreitor de Cultura, Elías Torres, e o director académico do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, Antonio Azaustre.