Ir o contido principal

Presentación do libro Emilia Pardo Bazán: Apuntes de un viaje. De España a Ginebra (1873)

Unha viaxe de cinco meses por cidades doutros tantos países da man de Emilia Pardo Bazán en 1873 é o percorrido que propón a USC e a Real Academia Galega no libro Apuntes de un viaje. De España a Ginebra (1873). Reprodución facsímil con estudo, edición e notas de José Manuel González Herrán. Tratase dun libro inédito da autora que se conserva no Fondo Documental da Real Academia Galega e que agora se edita por primeira vez en formato dixital de acceso aberto. Presentarase este mércores 9 nunha rolda de prensa na que intervirán o reitor Juan Casares; o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero; o director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés; e o editor literario José M. González Herrán. O acto comezará ás 11:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. En xaneiro de 1873 Emilia Pardo Bazán e a súa familia emprendían dende Ourense unha longa viaxe que os levaría a percorrer durante cinco meses numerosas cidades de España, Francia, Italia, Suíza e Austria. Ao seu paso por Zamora, Burgos, Biarritz, Bayona, Burdeos, París, Turín, Milán, Venecia ou Verona, a escritora tomou apuntamentos sobre as súas impresións nun texto de carácter privado que agora ven a luz.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2014.