Presentación do libro Memorias de un piojo republicano, de Ernesto Carratalá
O Proxecto de Investigación Interuniversitario ‘As vítimas, os nomes e as voces’ organiza a presentación, este xoves 25, do libro Memorias de un piojo republicano, do que é autor Ernesto Carratalá, represaliado polo franquismo que estivo preso en varios cárceres, entre elas o Lazareto de San Simón. O acto, no que intervirán o vicerreitor de Relacións Institucionais da USC, Lourenzo Fernández, e o propio autor, terá lugar o xoves ás 19:00 na aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia.
Ernesto Carratalá (Madrid, 1918) é doutor en Filosofía e Letras, catedrático numerario de Escolas Universitarias e experto en Pedagoxía Comparada. Foi profesor nas universidades de Barcelona, no Illinois and California Universities Abroad Studies Program e da State University of New York at Albany.
Memorias de un Piojo Republicano narra as vivencias de Ernesto Carratalá desde o golpe de estado franquista de 1936. Ferido, prisioneiro nos cárceres do penal de Burgos, Forte de San Cristóbal, Lazareto de San Simón, Cárcere Cuartel de Santocildes de Astorga e Cárcere Modelo de Barcelona, e condenado a pena de morte, conmutada posteriormente. Tras este periplo vital, licenciouse e doutorouse, acadando a cátedra de Lingua e Literatura francesa.