Ir o contido principal

Presentación do libro Xacobeo. De un recurso a un evento turístico global

Mostrar a evolución do acontecemento Xacobeo dende a súa xénese contemporánea en 1993 ata a actualidade. Este é o obxectivo do libro Xacobeo. De un recurso a un evento turístico global que editan José de Carlos de Miguel, Pilar Murias Fernández, Fidel Martínez Roget e Simone Novello e na que diversos autores relatan o fenómeno xacobeo dende distintas perspectivas, de carácter económico, cultural, turístico e comunicacional. Este volume presentarase este venres 14 nunha rolda de prensa na que intervirán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez; e os editores Simone Novello e José Carlos de Miguel. O acto comezará ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2014.