Presentación en Lugo do proceso de matrícula da USC e da súa oferta académica
A xefa do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica, Josefa Recalde; o xefe do Servizo de Xestión Académica, Ramón García; o vicexerente de Asuntos Académicos, Francisco Colomer; e o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, presentarán este venres, día 6 de xullo, o proceso de matrícula da Universidade de Santiago e da súa oferta académica para o curso 2007-2008.
Na presentación, que terá lugar nunha rolda de prensa a celebrar a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, os responsables referiranse á oferta docente en titulacións de 1º e 2º Ciclo así como aos Programas Oficiais de Posgrao, e abordarán os prazos de matrícula tanto nas titulacións con límite como nas sen límite.