Ir o contido principal

Presentación en Lugo do proxecto 'Máis leite, máis saúde' da Aula de Produtos Lácteos

A Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo (APL) presentará este xoves, día 12, o proxecto informativo ‘Máis leite, máis saúde’ que se está a desenvolver nos obradoiros do centro. Ao acto de presentación, que terá lugar na Aula de Formación da APL ás 11:30 horas, acudirán o director do centro, Juan Méndez, e a directora do proxecto, Mª Paz Fernández-Albalat.
O seu obxectivo é achegar o consumidor ao sector lácteo para que coñeza de xeito fiable os beneficios do leite e dos seus derivados. Con esta intención eleborarase diverso material técnico coa información científica sobre a importancia dos produtos lácteos sobre a saúde humana, como son unha páxina web, un CD interactivo, vídeos, xogos para o ordenador, complementados ao longo do ano polas xornadas divulgativas organizadas pola APL.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2007.