Ir o contido principal

Presentación en Madrid da Memoria de Responsabilidade Social da USC correspondente a 2005

O reitor da USC, Senén Barro, presentará o vindeiro luns 14 en Madrid a Memoria de Responsabilidade Social da USC correspondente ao ano 2005. No acto, que se vai celebrar na Casa de Galicia en Madrid a partir das 19:30 horas, intervirán ademais o presidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), Ángel Gabilondo; o director corporativo de Relacións Institucionais e Responsabilidade Social Corporativa de Fundosa, Miguel Segarra; e o director da Casa de Galicia, Alfonso Palomares.
A Memoria de Responsabilidade Social da USC, terceira que a universidade edita dende o ano 2003, é o documento a través do que a institución compostelá rende contas das actividades desenvolvidas ao longo do ano 2005 tanto no relativo á docencia, como á investigación, o emprendemento ou o desenvolvemento sostible entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2008.