Presentación este mares das Xornadas de Vehículos Aéreos non Tripulados na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o director da Escola Politécnica Superior da USC, Tomás Cuesta García, e a profesora no referido centro universitario e delegada territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros en Xeomática e Topografía, María José Iniesto , presentarán este martes 15 de marzo, ás 11.00 horas, na sala de xuntas da EPS, as Xornadas de Vehículos Aéreos non Tripulados, coñecidos popularmente como ‘drones’
Estas xornadas, organizadas pola Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da USC en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros en Xeomática e Topografía (COITT) e o Centro de Mantemento de Aeronaves Aerolugo, e a Escola de Pilotos do Real Aero Club de Lugo, desenvolveranse do 31 de marzo ao 2 de abril na EPS do campus de Lugo e nas instalacións do aeródromo de Rozas, no municipio de Castro de Rei.