Ir o contido principal

Presentación do número 8 da revista Quintana

A revista Quintana presentará este xoves 29 o seu número 8, nesta ocasión centrado no tema monográfico ‘A voz de Galatea: imaxes sonoras’. A presentación, que contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, celebrarase na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia a partir das 12:00 horas.
O aumento do número de colaboracións recibidas, tanto de universidades españolas como estranxeiras, xunto co progresivo incremento nas puntuacións acadadas nas principais bases de datos constitúen, en opinión da directora da publicación a profesora Mª Luisa Sobrino, a mellor proba de que a calidade e excelencia de Quintana transcende o ámbito estritamente local.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.04.2010.