Ir o contido principal

Presentación da nova obra que estrea a próxima semana a Compañía de Teatro da USC-Campus de Lugo

O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, e o director da Compañía de Teatro da USC-Campus de Lugo, Quico Cadaval, presentarán este venres, ás 11:30 horas, na Sala de Prensa da Vicereitoría, a nova montaxe que se estreará ante o público a próxima semana.
Na presentación estarán algúns dos actores do grupo, que representarán dúas pezas das que se compón a obra escollida polo grupo, ‘A Ronda’ de Arthur Schnitzler.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2008.