Ir o contido principal

Presentación da oferta académica da USC para 2013-2014

O reitor Juan Casares e o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, Jesús López Romalde, presentarán este xoves 6 a oferta académica da USC para o vindeiro curso. A presentación terá lugar nunha rolda de prensa ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. Na presentación darase conta dos títulos de graos, máster e doutoramento que a institución docente compostelá ofertará en 2013-2014.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2013.