Ir o contido principal

Presentación da oferta académica da USC e o proceso de matrícula no Campus de Lugo para o curso 2012-13

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, presenta en rolda de prensa o luns 2 de xullo a oferta académica da USC no Campus de Lugo e o proceso de matrícula da institución docente para o curso 2012-2013. A presentación será ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Edificio da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, e nela tamén participará a vicexerenta do Campus de Lugo, Carmen Varela Prado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2012.