Ir o contido principal

Presentación da oferta académica da USC en Ribadeo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presentará este mércores, día 23 de xullo de 2014, na Casa do Concello de Ribadeo, a oferta de titulacións universitarias que ofrece a institución académica compostelá para o vindeiro curso 2014-2015 nos campus de Lugo e de Compostela.

A concellaría de Cultura, Educación e Igualdade do Concello de Ribadeo, María Luz Álvarez Lastra, e o deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, Álvaro Santos Ramos, tamén participarán na presentación dos 48 títulos de grao, 59 másteres, tres titulacións propias, 20 cursos ponte e 54 programas de doutoramento que impartirá a USC o próximo curso, así como do plan de axudas á matrícula para varias das titulacións impartidas no campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.07.2014.