Ir o contido principal

Presentación da nova oferta de cursos de idiomas da USC para o segundo cuadrimestre

A USC mantén para o segundo cuadrimestre a súa ampla oferta de cursos de idiomas, que imparte o Centro de Linguas Modernas (CLM). O coñecemento de linguas estranxeiras está a ter unha importancia crecente, sendo xa case unha obriga en moitos casos. Así, o alumnado universitario ten que acreditar que coñece unha lingua estranxeira para acadar o título de grao e o mesmo acontece para poder participar nos distintos programas de mobilidade. A oferta de cursos e os prazos de matrícula, que comezan a próxima semana, presentaranos en rolda de prensa este xoves 17 o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova. A presentación será ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.01.2013.