Ir o contido principal

Presentación de Piedra sobre agua. El monacato en torno a la Ribeira Sacra, un estudo sobre a realidade histórica e patrimonial dos monasterios na comarca

Os profesores da USC Enrique Fernández Castiñeiras e Juan M. Monterroso Montero presentarán este xoves, 20 de maio, en Santiago a publicación “Piedra sobre agua. El monacato en torno a la Ribeira Sacra” que dirixiron e que recolle trece estudos realizados por catorce investigadores da Universidade de Santiago. A obra pertence á serie editorial Patrimonio Vivo do servizo de publicacións da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Na presentación, este xoves ás 12.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia, participarán ademais o director da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Javier López Martínez; a vicerreitora de Cultura da USC, Elvira Fidalgo Francisco; e o director e director académico do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés e Antonio Azaustre Galiana, respectivamente.
A obra analiza e ilustra algúns dos principais aspectos históricos, artísticos, patrimoniais e xurídicos do monacato na Ribeira Sacra. Para iso, e coa intención de poder construír unha imaxe complexa da realidade histórica e patrimonial da comarca nun capítulo tan significativo como o monacato, en particular os mosteiros Santo Estevo de Ribas de Sil r Santa María de Montederramo, o libro reúne en dous grandes bloques a súa esencia: a auga e a pedra.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.05.2010.