Presentación do Premio USC-Soncello para novos e novas violonchelistas
A Universidade de Santiago e a Asociación de Violoncellistas de Galicia ‘Soncello’ convocan un concurso aberto a violonchelistas de entre 18 e 30 anos nacidos ou residentes en Galicia. O premio consiste na participación no ciclo ‘Música para violonchelo e piano de Beethoven’ da USC que terá lugar entre os meses de outubro e decembro de 2013. Os pormenores do premio así como do ciclo de música presentaranse aos medios de comunicación este venres 15 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participan o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Duran, e o violonchelista da Real Filharmonía de Galicia Carlos García Amigo.