Ir o contido principal

Presentación do primeiro congreso internacional de Medicina e Cirurxía da USC, dedicado a novos avances

Novos avances en Medicina é o lema do primeiro congreso internacional de Medicina e Cirurxia da USC (CIMG) que organiza a asociación MEIGA (MEdicina Intercambios Galicia). O programa deste encontro internacional que se vai celebrar a vindeira semana presentarano o presidente da asociación Xavier Branco e o decano de Medicina, Juan Gestal, este venres 11 a partir das 11.00 horas na Sala de Graos da Facultade de Medicina.

O encontro, no que participarán destacados investigadores nacionais como internacionais, permitirá achegar aos participantes os novos achados e técnicas no campo da medicina, así como promover o diálogo e o intercambio de novas experiencias e aprender de novas ideas que axuden a abordar os retos do futuro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2016.