Ir o contido principal

Presentación do primeiro volume de 'USC, editora'

O ensaio The Limits of Knowledge and the Limits of Science, do que é autor o catedrático de Historia Antiga José Carlos Bermejo Barrera, inaugura o catálogo de ‘USC, editora’ denominación comercial do selo editorial da institución académica compostelá creado a mediados do pasado ano.
A presentación deste primeiro volume de ‘USC, Editora’ celebrarase en rolda de prensa este martes, día 27, nun acto no que intervirán a vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo; o propio autor do libro; o director académico do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Antonio Azaustre; e o director do mesmo, Juan Blanco. A presentación comezará ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
USC Editora —que contempla as series Ensaio, Académica, Textos e Manuais— responde a unha práctica común nas máis importantes editoriais académicas e dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente polo Servizo de Publicacións que son sometidas a un rigoroso sistema de avaliación por expertos sempre alleos á USC e revisadas logo por especialistas propios, pertencentes á área científica correspondente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2010.