Presentación do novo proceso de emisión instantánea da tarxeta universitaria intelixente da USC
A Universidade de Santiago de Compostela puxo en marcha este curso un novo proceso de emisión instantánea da súa Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) que expide o Banco Santander. Dende o mes de xullo e ata o momento son xa case 4.000 as tarxetas emitidas a través desta complexa aplicación, só instaurado polo de agora na USC e cinco universidades máis. A presentación dos pormenores deste novo avance presentaranse este xoves 25 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca nunha rolda de prensa na que participarán o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, José Pereira fariña, e o director de Tarxeta Intelixente e Desenvolvemento Comercial de Santander Universidades España, Amador Fraile.