Ir o contido principal

Presentación do programa de concertos ao aire libre 'Entre lusco e fusco' e as rutas culturais 'Pegadas'

O convenio Lugo Cultural presentará o vindeiro luns, día 2 de xullo, o programa de concertos ao aire libre ‘Atoparasme entre lusco e fusco’ que se desenvolverá durante o mes de xullo na cidade e que pretende recuperar como espazo escénico as zonas do anfiteatro do Parque de Rosalía e o anfiteatro aberto da Deputación Provincial situado no Campus. No mesmo acto darase conta ademais das rutas culturais ‘Pegadas’, iniciativa que comezará este verán.
Para explicar o programa de ambas as dúas actividades asistirán á presentación, que se celebrará na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo ás 11:30 horas, o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres Feijó; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; a deputada provincial, Fé Rodríguez Rocha; o delegado provincial da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez; e o xefe do Servizo de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, Rafael Vizcaíno.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.06.2007.