Presentación do novo Programa Oficial de Posgrao en Industrias Leiteiras
A Universidade de Santiago de Compostela e a francesa Agrocampus Rennes presentarán este xoves 15, ás 11:15 horas, o novo Programa Oficial de Posgrao en Industrias Lácteas que comezará funcionar no curso académico 2008-2009 no Campus de Lugo.
O acto de presentación, que terá lugar na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, estará a cargo do vicerreitor de Lugo, Carlos Herrero, e do coordinador do programa francés, Romain Jeantet. Así mesmo, estarán presentes representantes das entidades colaboradoras como a delegada de Economía e Facenda da Deputación Provincial, Regina Polín; o delegado da Consellaría de Innovación, Ramón Cortés, e o director xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consellaría de Medio Rural, Gonzalo Flores Calvete. Por parte das empresas privadas estarán tamén Ramón Moraga Valseca e Francisco Cordero, de CAPSA, e Olivier Sainte Beuve, de Lactalis.
O novo POP que se presentará en Lugo terá unha duración de dous anos e suporá para o alumno un total de 120 crédito ECTS.