Ir o contido principal

Presentación do novo programa 'Universidade Viva' e balance das edicións pasadas

O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, presentará en rolda de prensa este luns, día 26, a nova edición do programa ‘Universidade Viva’ que achega ao público en xeral o patrimonio histórico da USC a través de visitas guiadas e ao que este curso se lle suma o patrimonio natural da institución compostelá.
O encontro cos medios de comunicación terá lugar ás 12:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca e a el asisten ademais o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Árias; o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Nestor Rego; a coordinadora de ‘Universidade Viva’, Lanzada Calatayud; e o director do Cetur, Xosé Santos Solla.
‘Universidade Viva’ permite percorrer os espazos máis emblemáticos da Universidade de Santiago e, ao mesmo tempo, os aspectos máis relevantes do seu presente. O programa destaca polo seu carácter estable ao longo de todo o ano, ademais de que as visitas puxeron en valor bens ata agora pouco accesibles.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2007.