Ir o contido principal

Presentación da programación de concertos do ciclo Lubicán 2015

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, o deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentarán este venres, a partir das 12.30 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo, o ciclo de música galega Lubicán 2015.

O músico e cantautor Emilio Rúa, que será abrirá o vindeiro 27 de febreiro este programa musical cun concerto na Casa do Saber de Lugo, tamén participará na presentación da oitava edición deste ciclo, organizado no marco do convenio Lugo Cultural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2015.