Presentación da programación cultural da USC no Campus de Lugo
A Vicerreitoría de Cultura da USC presenta este martes 2 de outubro, en rolda de prensa, a programación cultural para o Campus de Lugo. En concreto adiantaranse as actividades de teatro, danza, fotografía e creación musical para o curso 2007-2008.
Ao acto de presentación, que terá lugar na Sala de Prensa do Campus de Lugo (Praza Pío XII) ás 12:00 horas, asistirán o vicerreitor de Cultura da USC, Elías J. Torres Feijó; o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro, e a encargada da Oficina de Cultura do Campus de Lugo, Paloma Lugilde. Tamén estarán presentes o director da Aula de Teatro, Roberto Salgueiro; o asesor do Espazo Fotográfico, Eduardo Ochoa; a directora do Grupo Creación Musical, Inmaculada Cárdenas; e o director do Espazo de Danza, Juan Carlos Zahera.