Ir o contido principal

Presentación da programación de cursos da Universidade de Verán da USC

A USC presentará este mércores 7 en rolda de prensa a programación de cursos que conforman a oferta da Universidade de Verán para este ano 2014. A institución docente incrementará a súa oferta ata os 52 cursos, que se desenvolverán nun total de 15 localidades ademais de en Santiago e Lugo. Os principais detalles da oferta de cursos de verán da Universidade de Santiago para este ano, presentaranos o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán, e o director da Área de Cultura da USC, Pablo Sampedro nunha rolda de prensa que comezará as 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. Coa oferta prevista para este verán, a USC incrementará inicialmente en quince o número de cursos con respecto ao verán de 2013, ademais de que achegará a súa oferta estival a once localidade máis que o pasado ano, buscando a afinidade entre os temas propostos e os lugares onde se desenvolven.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.05.2014.