Ir o contido principal

Presentación da programación e da nova páxina web de Lugo Cultural

Os representantes das cinco institucións que conforman Lugo Cultural, a Vicerreitoría de Cultura da USC, o Concello de Lugo, a Deputación Provincial, a Fundación Caixa Galicia e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura, presentarán o luns, ás 11:40 horas, na Sala de Prensa do Vicerreitorado, a programación para os meses de novembro e decembro. Esta comprende a continuación de varios dos ciclos xa iniciados en materia de cine, música, teatro, fotografía e rutas culturaiMs, así como algunhas novidades.
No acto presentarase tamén a nova páxina web de Lugo Cultural, na que poderá consultarse a programación e todas as novidades que se produzan sobre este foro.
Na presentación estarán presentes o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; o delegado da Consellería de Cultura, Antonio Molina; o xerente en Lugo da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, e un representante do Concello e da Deputación Provincial.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2007.