Ir o contido principal

Presentación da programación da Universidade de Verán da USC na provincia de Lugo

Serán un total de 19 cursos, a desenvolver en 8 localidades

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, xunto coa vicerreitora de Cultura, Elvira Fidalgo, presentarán este mércores 1 de xullo a programación completa dos cursos da Universidade de Santiago que se desenvolverán na provincia de Lugo ao longo do verán. A rolda de prensa desenvolverase ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo.
Nesta ocasión a USC organiza na provincia un total de 20 cursos entre xullo e setembro. Serán cinco no Campus de Lugo; catro en Sarria; tres en Guitiriz; dous en Ribadeo, os mesmos que en Seoane do Courel; e, finalmente, un en Burela, Foz e Mondoñedo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.06.2009.