Ir o contido principal

Presentación do proxecto de divulgación astronómica TodoCosmos

As actividades desenvolveranse en doce concellos galegos

A segunda edición do proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos presentarase este xoves 5 nunha rolda de prensa na que se dará conta das actividades que o Observatorio Astronómico Ramón María Aller vai desenvolver en colaboración con doceconcellos galegos e co financiamento do Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

A presentación, ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome, correrá a cargo do director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, que estará acompañado dunha representación dos concellos participantes nesta iniciativa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2015.