Ir o contido principal

Presentación do proxecto de divulgación astronómica TodoCosmos

Ao remate da presentación desta iniciativa financiada pola FECYT e na que colaboran sete concellos galegos, está prevista na praza do Obradoiro unha sesión pública de observación de manchas solares...

O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos presentarase este venres 14 ante os medios de comunicación para dar conta do programa de actividades que o Observatorio Astronómico Ramón María Aller vai desenvolver en colaboración con sete concellos galegos e co financiamento do Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). A presentación celebrarase no transcurso dunha rolda de prensa que se desenvolverá a partir das 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome coa presenza do director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, e dunha representación dos concellos participantes nesta iniciativa, Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo e Teo. Ademais, o proxecto conta coa colaboración de Óptica Val. Ao remate do acto, está previsto que o profesor Docobo coordine unha sesión pública de observación de manchas solares que se realizaría na praza do Obradoiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.03.2014.