Presentación de Remontar o río de Helena Villar na Igrexa da Universidade
A Igrexa da Universidade acollerá este xoves 8 ás 20.00 horas a presentación do libro de poemas Remontar o río de Helena Villar Janeiro, nun acto ao que asistirá o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán. Na cita intervirán ademais da autora e do vicerreitor, a ilustradora Luz Darriba, a poeta Marica campo e a xornalista María Solar e contará coa actuación musical de Chiruca e Paul Baker. Helena Villar explicará como xurdiu a idea de ‘Remotar o río’, un poemario nun formato dunha soa peza de 12 metros de longo, do que só se editaron 500 exemplares numerados.