Ir o contido principal

Presentación dos resultados do traballo realizado por investigadores da USC dentro do Estudo Europeo de Competencia Lingüística

Os investigadores da USC relacionaron un baixo nivel de comprensión oral do inglés entre estudantes españois co baixo consumo de produtos audiovisuais en versión orixinal

A exposición e uso ambiental da lingua estranxeira en contextos non formais –como o consumo de produtos audiovisuais en versión orixinal– mellora a comprensión oral dos/as rapaces/zas, segundo se desbota do traballo realizado polos investigadores da USC implicados no proxecto no Estudo Europeo de Competencia Lingüística (EECL). Os principais resultados rexistrados presentaranos en rolda de prensa o catedrático Xosé Manuel Vez Jeremías este mércores 27 a partir das 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome. Na presentación estarán presentes ademais outros dous integrantes do grupo de investigación, Esther Martínez Piñeiro, profesora de Métodos de Investigación e Diagnose en Educación, e Alfonso Lorenzo Rodríguez, da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2012.