Ir o contido principal

Presentación das titulacións dobres e másteres oficiais ofertados pola USC para o curso 2015-2016 na EPS

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo acollerá este martes, a partir das 11.30 horas, na sala de xuntas da EPS, o acto de presentación das dobres titulacións de grao en Enxeñaría Civil e Enxeñaría Xeomática e Topografía, e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, así como os másteres oficiais que ofertará a USC no centro universitario lugués para o próximo curso 2015-2016. O director da EPS e coordinador dos másteres en Enxeñaría Agronómica e Enxeñaría de Montes, Tomás Cuesta García, presidirá a presentación da oferta académica do centro universitario lugués no marco dun acto no que tamén intervirán os profesores Carlos Amiama, Inés Santé e Isabel Iglesias, en calidade de coordinadores dos másteres oficiais en Dirección de Proxectos, Xestión Sustentable da Terra e do Territorio e Arquitectura e Paisaxe da Fundación Juana de Vega, respectivamente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.06.2015.