Ir o contido principal

Presentación da VI edición do Encontro universitario de danza contemporánea de Lugo

Os representantes das cinco institucións que conforman o Convenio Lugo Cultural presentarán este xoves 10, ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría do Campus de Lugo, a VI edición do Encontro universitario de danza contemporánea que se celebrará na cidade os días 16 e 17 deste mes.
Nesta presentación estarán presentes o vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres; a concelleira de Promoción do Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez; o delegado da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o deputado da área de Cultura da Deputación Provincial, Antón Veiga, e o responsable da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Tamén estará presente Juan Carlos Zahera, o responsable do Espazo de Danza da USC e coordinador do evento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2008.