Ir o contido principal

Presentación da VI edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo

O próximo luns, 5 de maio, dará comezo en Lugo a VI edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo, que coma sempre organiza o Concello de Lugo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Escola de Arte e Lecer. Esta convocatoria está coordinada por Palimoco Teatro.
Este encontro cultural será presentado este mércores 30 en rolda de prensa por parte da concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a presidenta da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández, e o coordinador, Alberto Vivero.
Durante a representación, que terá lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial, ás 12:15 horas, haberá intervencións dos grupos de teatro Tessellas e de Nova Escena.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.04.2008.