Ir o contido principal

Presentación dun novo volume da Cátedra Alejo Carpentier que profunda no bolero cubano visto polas mulleres

Te seguirá mi canción del alma... El bolero cubano en la voz de las mujeres é o título dun novo volume da Biblioteca da Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier da USC que se presenta este xoves 15. Na presentación, que se vai desenvolver a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, intervirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e as autoras da obra Yolanda Novo e María do Cebreiro Rábade Villar.
O novo volume ofrece un cancioneiro heteroxéneo de textos de boleros escritos e interpretados por mulleres artistas cubanas coa finalidade de contribuír á súa maior visibilidade poética e á do xénero que lle é propio. Agrupadas segundo un criterio histórico, estas composición transparentan os dous grandes campos en que esa voz bolerística se deixa escoitar e ler, a poética literaria das letras e os aspectos interpretativos do bolero cubano.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.05.2008.