Ir o contido principal

Presentación do XII Congreso da Sociedade Española de Medicina Oral e da XI Reunión da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal

O cancro oral, a importancia da saliva na diagnose de enfermidades sistémicas ou a incidencia de enfermidades de orixe inmunolóxica con repercusión na cavidade oral serán obxecto de actualización no transcurso do XII Congreso da Sociedade Española de Medicina Oral (Semo) e da XI Reunión da Academia Iberoamericana de Patoloxía e Medicina Bucal. O programa deste encontro, que se celebrará na USC o vindeiro mes de maio, presentarano en rolda de prensa o catedrático e presidente do Comité Organizador, José M. Gándara, e o profesor Abel García, xefe de Sección no Servizo de Cirurxía Maxilofacial do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. O encontro cos medios de comunicación comezará ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. O obxectivo principal do encontro será abordar cuestións cunha gran repercusión social, coa finalidade de proporcionar aos pacientes unha mellor calidade de vida diminuíndo a morbilidade e mortalidade dos procesos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2013.