Presentación do XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC
O Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC alcanza a súa décimo segunda edición coa participación dun total de oito compañías cuxas propostas achegarán a danza universitaria á cidade de Compostela saíndo ao encontro dos espectadores e favorecendo actividades comúns a este colectivo artístico. Os detalles desta nova convocatoria do Encontro no campus compostelán presentaranos en rolda de prensa o director da Área de Cultura, Pablo Sampedro, e o director do Espazo de Danza Universitario da USC, Juan Carlos Zahera. A cita cos medios de comunicación será este xoves 3 na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome a partir das 11.00 horas. O encontro celebrarase os días 9 e 10 de abril no Teatro Principal coa colaboración do Concello de Santiago.