Ir o contido principal

Presentación do XV Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, evento de referencia en España

O profesor da USC Manuel Rey Méndez; o vicepresidente da Sociedade Española de Acuicultura e membro do Instituto andaluz de Investigación e Formación Agraria e Pesqueira, Salvador Cárdenas Rojas; e o profesor da Universidade de Cádiz, Juan Miguel Mancera, presentarán este venres 4 en rolda de prensa o XV Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas e o V Foro Iberoamericano sobre a mesma temática. No encontro cos medios de comunicación, ás 10.45 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, os expertos darán os detalles destas dúas citas científicas de finais de ano en O Grove e Cádiz que reunirán un nutrido grupo de especialistas que mostrarán os últimos avances no ámbito de estudo nun momento clave para o futuro da pesca e acuicultura europeas. Na mesma presentación farán público o libro que recolle as actas da pasada edición do foro, na que se trataron asuntos que comprendían desde as novas formas de xestión pesqueira, pasando polas áreas mariñas protexidas, ata o cultivo de atún vermello, o etiquetado, a pesca deportiva, o papel da acuicultura na cooperación ao desenvolvemento ou os avances en pensos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2012.