Ir o contido principal

Presentación do XVII Congreso Español da Asociación Española de Toxicoloxía

O XVII Congreso Español da Asociación Española de Toxicoloxía desenvolverase na Facultade de Medicina da USC entre os días 26 e 28 co obxectivo de ser un foro de discusión e achega dos traballos dos toxicólogos españois, europeos e latinoamericanos, así como dos investigadores de áreas afíns.
O programa deste congreso presentarano en rolda de prensa este martes, día 25, os presidentes do Comité Organizador, o profesor da USC Manuel López-Rivadulla, e do Comité Científico, a tamén profesora da USC Ana Bermejo. A presentación desenvolverase a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
O Congreso, que ten unha periodicidade bianual, celebrarase en Santiago logo das anteriores edicións en Cáceres e Valencia, para tratar asuntos relacionados coa toxicoloxía clínica e forense, seguridade alimentaria, riscos químicos no traballo, toxicoloxía veterinaria, ambiental e experimental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2007.