Ir o contido principal

Presentación do XXI Festival de Teatro Universitario de Lugo

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre; o deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a coordinadora da Aula de Teatro da USC no campus de Lugo, Paloma Lugilde, presentaran este mércores 8 de abril a vixésima primeira edición do Festival de Teatro Universitario de Lugo.

A presentación desta nova edición do festival de teatro universitario desenvolverase no salón de plenos do consistorio lugués, no marco dun acto que comezará ás 12.30 horas e no que se ofrecerá ampla información sobre as distintas compañías e as pezas que conforman o programa do XXI Festival de Teatro Universitario, cuxas representacións previstas se desenvolverán do 16 ao 20 de abril no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2015.